Pois porque non contén nin azucres engadidos, nin amidóns, nin edulcorantes, nin aceites vexetais, nin cousas estrañas. O que sí leva: leite 100% ecolóxico de vacas que saen a pacer todos os días, os fermentos de sempre do iogur e o fermento probiótico LGG®.
Ademáis, contén millóns de bacterias vivas (das boas) que son moOoi beneficiosas para o seu organismo.
O LGG ® é un suUuper fermento probiótico,
o máis estudado para os peques!
Ao tomar un BaBy con suUupermentos LGG® os fermentos chegan ao intestino. Axuda a fortalecer a flora intestinal, polo que contribúe a unha mellor conservación do sistema inmune.
Os numerosos estudos científicos realizados con LGG® sinalan que este suUuper fermento pode:
Impactar favorablemente sobre as defensas do corpo e a resposta inmune
Reducir a ausencia en escolas infantís así como as prescricións de antibióticos por infección respiratoria
Reducir o risco e a duración das molestias do trato respiratorio