Lobos si, ataques de lobos non
Que ven o lobo!
Que veña, que veña!… en Xanceda estamos preparados! Tras varios e continuos ataques de lobo, por fin, na Casa Grande de Xanceda as vacas poden durmir tranquilas.
En 2008 tivemos moitísimos ataques de lobos.
Os lobos, non só nos mataron a 12 vacas, senón que tamén causaron estrés en todo o rabaño, causando abortos e unha baixada drástica na produción de leite.
A nosa Responsabilidade Social Corporativa é importante para nós a todos os niveis e dende os nosos comezos asumimos un importante compromiso mediambiental, de desenvolvemento sostible e benestar animal. Por iso adoptamos métodos alternativos para acabar cos ataques do lobo.
O primeiro paso que demos foi chamar ás principais asociacións de protección do lobo. Quen mellor que os expertos en lobos para aconsellarnos! Do seu asesoramento xorde a idea de protexer as nosas vacas con cans de raza mastín e de cerrar ós nosos prados con valados de tres metros de altura. Así que nos puxemos mans á obra percorrendo varias canceiras na procura de mastíns que necesitasen unha segunda oportunidade..
Así démoslle un novo fogar a varios cans e eles agradecérono co seu instinto innato: a protección do gando!
Os nosos simpáticos manstíns chámanse Tristán, Isolda, Avellana, Sil, e Filloa.
Unha das aventureiras da Casa Grande de Xanceda, Cristina, propuxo unha idea innovadora e curiosa. Ela estivo de voluntaria nunha organización de protección de animais carnívoros en Namibia e alí viviu unha situación parecida sendo, neste caso, leopardos e guepardos os que atacaban o gando. De aí xorde a idea de integrar burras coas vacas.
As burras unha vez que se acostuman a estar co gando protexen ás vacas como se da súa propia familia se tratara. Coas súas grandes orellas detectan posibles ataques moito antes que as vacas e ornean alertando así da presenza do lobo e poñendo sobre aviso a vacas e mastíns.
Este método alternativo tamén se utiliza nos Alpes Suízos onde tamén teñen na actualidade problemas cos lobos. Desta forma non só se protexe ó gando senón que tamén se lle dá unha nova función ós burros que se atopan ó borde da extinción no noso país.
As nosas burros gardiáns chámanse "Valentina e Junior"
Sabías que os burros están en perigo de extinción? Tanto que por non estar non están nin en WhatsApp! Vaia Burrada! Quixemos solucionalo e por iso puxemos en marcha unha iniciativa solidaria para conseguilo: Vaya Burrada
Todas estas medidas "alternativas" teñen un elevado custo pero no noso caso prevalece o compromiso de convivencia co medio ambiente e o benestar das nosas vacas que o aspecto económico..
E dende entón as nosas vacas viviron felices e comeron perdices.... bueno herba!