Ola!
Somos unha granxa familiar ecolóxica en Galicia onde coidamos de máis de 300 vacas. Co seu leite elaboramos produtos lácteos moOoi ricos e sans! Temos 200 hectáreas de prados e bosques autóctonos onde as nosas vacas pasean e pacen libremente todos os días. As nosas vacas non son unhas vacas calquera porque... son vacas ecolóxicas!!
Antes de explicarche o que é a agricultura ecolóxica, deixa que che contemos como chegamos a embarcarnos nesta aventura de vacas felices.
Comeza a aventura!
Nos anos 60 Felipe e
Vitoria Fdez-Armesto, grandes amantes das vacas felices, déronlle vida a Casa Grande de Xanceda. Trouxeron desde Canadá 20 vacas frisoas para dedicarse á súa gran paixón.
Aínda que nesa época non existía a agricultura ecolóxica certificada oficialmente, desde o principio evitaron o uso de pesticidas, herbicidas e outros produtos químicos por convencemento de que había unha forma máis responsable e respectuosa de producir lácteos, e que razón tiñan!
Con esta visión e este convencemento a granxa foi crecendo e co cambio xeracional no 2002, a granxa xa alcanzara o seu tamaño actual.
O nome da granxa débese a unha casa do século XVIII situada nos terreos da nosa granxa e na que actualmente temos as nosas oficinas, unha pequena ecotenda e nosa ecocociña, onde nos xuntamos todo o equipo a tomar café con leite (ecolóxico, por suposto!)
A aventura ecolóxica!
En 2002 decidimos certificar oficialmente como ecolóxica a nosa gandería. Fomos unha das primeiras ganderías lácteas en converterse en ecolóxica e na actualidade somos os segundos maiores produtores ecolóxicos de España.
Queredes saber que producimos? Botade un ollo ó noso catálogo de
produtos ecolóxicos! Todos teñen dúas cousas en común: o noso leite ecolóxico, e o boísimos que están!
Falando de certificación, e para que non vos soe a chino, dicirvos que implica unha serie de prácticas que seguimos de forma fidedigna, a saber:
1. As vacas non deben comer ningún tipo de alimento que fose tratado con herbicidas, pesticidas ou insecticidas. Por tanto nos nosos prados, dedicados ó pastoreo das vacas e o cultivo da súa alimentación, todos estes produtos químicos están prohibidos.
2. Os abonos químicos tamén están prohibidos. Nós usamos só a compostaxe xerada polas propias vacas para fertilizar os prados.
3. As vacas deben vivir ao aire libre e deben alimentarse sobre todo co pastoreo.
4. Por cada dúas vacas é necesario ter un mínimo dunha hectárea de prado.
5. Respectamos os ciclos naturais das vacas sen alteralos artificialmente. E velamos polo benestar da súa saúde, traballando na prevención, desta forma conseguimos que as nosas vacas desfruten de moOoi boa saúde e apenas enfermen.
Se non queres perder nada das nosas aventuras, síguenos en
Facebook ou
Instagram!