Sala de Muxido

Casa Grande Xanceda
Casa Grande Xanceda

Sala de Muxido

Muximos s vacas polas mañás e polas noites. Todos os días pasan por aquí unhas 180 vacas…e sabes que? Susana e Amparo coñecen á perfección cada unha de elas! Hai veces que ata as identifican só véndolles a ubre. A nosa sala de ordeño non é unha sala calquera, é unha salga WIFI. As nosas vacas levan unha pulserita na pata a cal se conectada vía WIFI a un computador que logo recollerá estatísticas sobre o número de litros de leite e a calidade. A pulseira ademais conta os pasos que dá cada vaca.

Así, se por exemplo unha vaca está enferma saberémolo porque daría moi poucos pasos, en cambio, se dá moitos pasos é posible que estea en celo. Sabes que as nosas vacas só dan a metade de litros que unha vaca normal? As nosas vacas móvense moito, nos longos paseos aos campos. A súa alimentación é completamente ecolóxica e por suposto só comen o que a elas apetécelles…

Por esta razón, as nosas vacas dan menos leite pero dunha calidade excepcional! Moito máis sobre as nosas vacas felices aquí

-- Os aventureiros en Sala de Muxido --

Amparo

Amparo

Experta en muxido

O meu hobbie é debuxar e a natureza. O meu iogur favorito é o de Froitas do Bosque.

Susana

Susana

Experta en muxido

O meu hobbie é a natureza e o meu iogur favorito é o Desnatado Fresa.

-- Sala de Muxido en fotos --

Casa Grande de Xanceda | Produtos ecolóxicos | Leite, Iogures, Queixos

 
Somos Casa Grande de Xanceda, unha granxa ecolóxica familiar de Galicia na que producimos unha gran variedad de produtos ecológicos, como iogures ecológicos para adultos, iogures ecológicos para nenos, queixo ecolóxico e outros produtos lácteos mMmoooi ricos e sen aditivos, engadidos... en definitiva, 0%arghs! 
Temos 200 hectáreas de prados e bosques nos que pasean e pacen as nosas 350 vacas felices. Pero as nosas non son unhas vacas calesqueira...
 ¡¡son vacas ecolóxicas!!