Compromiso

  

¡MoOoOito máis ca unha granxa ecolóxica!

1. Compromiso co medio ambiente 

  • Non usamos pesticidas nin produtos químicos. ¡Non á contaminación dos nosos solos e ríos!
  • Cada ano plantamos máis de 300 árboles. Un 30% da nosa finca son bosques autóctonos, ¡o fogar de centos de animais e flora autóctona!
  • ¡Reciclar, reciclar e reciclar! O noso vaso é 100% reciclable e coa capa de plástico máis fina posible.
  • Zero waste: na nosa granxa non caduca nin un iogur! Doámolos e temos sección de cero desperdicio na nosa tenda física para concienciar aos nosos consumidores.
  • Somos Espazo Natural Protexido! 75 hectáreas da nosa granxa constitúen as Fragas e Brañas do Alto Gaiteiro.

2. Compromiso cos animais

  • Vacas felices? Exacto! Preocupámonos por tratar do mellor xeito posible ás nosas vacas. Elas son as que nos dan o mellor leite e por iso mimámolas como merecen.
  • 360 días de pastoreo. As nosas vacas saen pacer todos os días herba ecolóxica (bueno, case todos: Algunha vez neva ou dioiva e están máis quentiñas nas súas camas de palla!)
  • Si á biodiversidade! Temos máis de 50 casas niño e 10 colmeas de abellas na nosa granxa!

3. Compromiso co rural

  • O noso equipo humano é o eixo central da nosa empresa. Apostamos pola contratación indefinida, a formación continua e a conciliación. ¡Xa somos máis de 45 aventureiros!
  • Traballamos para levar a nosa filosofía máis aló da nosa granxa, fomentando o ecoloxismo, o desenvolvemento sostible e o emprendemento no noso rural galego.
  • Estes compromisos están presentes tanto no traballo de cada día como nos proxectos e accións que realizamos. Ademais tres organismos independentes controlan continuamente todas as nosas accións: O Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica, Sanidade e Laboratorios de control independente.

Accións de compromiso do 2023

Compromiso co medio ambiente





 


Consulta aquí la memoria completa: Memoria RSC 2023 - Casa Grande de Xanceda
Consulta aquí a memoria completa: Memoria RSC 2022 - Casa Grande de Xanceda
Consulta aquí a memoria completa: Memoria RSC 2021 - Casa Grande de Xanceda
Consulta aquí a memoria completa: 
Memoria RSC 2020 - Casa Grande de Xanceda
Consulta aquí a memoria completa: Memoria RSC 2019 - Casa Grande de Xanceda 

-- Compromiso en fotos --