Para que o leite das nosas vacas sexa ecolóxico a alimentación que reciben tamén ten que selo. Nós mesmos producimos a maior parte da alimentación das nosas vacas. Así, podemos controlar todo o proceso de produción de leite, dende o prado ata a neveira. Todos os anos na primavera cortamos o excedente de herba dos prados e a ensilamos (prénsase e cóbrese con plástico para que fermente). Tamén plantamos o noso propio millo, que unha vez maduro, cortamos e tamén o ensilamos.
O meu hobbie é xogar ó futbol e o meu iogur favorito o Junior con Mazá e Plátano.
Os meus hobbies son os coches e a natureza. O meu iogur favorito é o de Fresa.