Queredes saber como hacemos en Casa Grande de Xanceda os nososos mMmMaravilllosos queixos ecolóxicos? Dámosvos unha pista: o cariño que poñemos e a boa vida das nosas vacas, que saen a pacer todos os días a pradeira libres de herbicidas, pesticidas ou fertilizantes químicos, son parte esenciale do proceso!
1. O primeiro paso é muxir. Só usamos leite, fresca e ecolóxica das nosas vacas (que son mooOoi felices e por iso o seu leite está tan rico!)
2.Pasteurizamos o leite, engadimos fermentos e callo. Despois de algo menos dunha hora o leite callará. Transcurrido ese tempo a callada axítase ata obter o gran desexado.
3. Despois de lavar ben a masa, pásase a outra cuba onde se desora e se prensa.
4. A masa prensada, córtase e moldease a man. Despois os queixos prénsanse durante varias horas.
5. Tralo prensado desmóldanse os queixos e báñanse en auga con sal (salmoira) durante varias horas para darlle máis intensidade de sabor; mmhh xa case están listos!
6. Durante varios meses os queixos maduran na nosa cava ata acadar o grado de maduración perfecto.
7. As últimas tres semanas maduran cubertos de cebada ecolóxica, o que lles aporta unhas características organolépticas únicas que recordan a terra mollada, a fermento... Así recuperamos unha antigua tradición de curar o queixo en cereal, como facían os peregrinos ao longo do Camiño de Santiago. É por isto que chamamos ó noso queixo ecolóxico Queixo do Peregrino
8. Todo o proceso faise respetando sempre os microorganismos naturais que se forman sobre a cortiza dos queixos, son queixos con cortiza natural.
Os nosos queixos ecolóxicos non levan ningún tipo conservante artificial, só levan leite fresca ecolóxica das nosas vacas. Nada máis! Ademais, para elaborar un kilo de queixo usamos ata 11 litros de leite!