Vacas moOoi felices

Casa Grande Xanceda  

A felicidade das nosas 300 vacas é a nosa principal prioridade

Vacas muUuy felicesAs 200 hectáreas de terreo están destinadas íntegramente o benestar e á alimentación
das nosas vacas.

Actualmente, na malloría das ganderías as vacas, viven, por desgraza, permanentemente na corte e non chegan a ver a luz do sol nin a dar un paseo por un prado.

Esto é algo que nos pon tremendamente tristes, e por iso en Casa Grande de Xanceda temos unha gran premisa gravada a lume: todas as nosas actuacións deben respetar o benestar animal, por enriba de todo.
 

360 días de pastoreo

As nosas vacas saen pacer toOodos os días herba ecolóxica (casi todos: algunha vez neva ou chove moito e están máis quentiñas na súa cama de palla).
 

Unha vida ao aire libre

Na Casa Grande de Xanceda intentamos que as nosas vacas leven unha vida o máis parecido posible a como o farían en plena natureza. Ás nosas vacas o que máis lles gusta facer é sair a pacer, broncearse o sol, respirar aire fresco e darse un bo homenaxe de herba fresca e suculenta, libre de productos químicos…
 
¿Sabes que cada unha das nosas vacas teñen o espazo equivalente ó dun campo de fútbol para pacer as súas anchas?

 
Ás veces preguntáronnos se as nosas vacas escoitan música clásica ou se teñen rascadores automáticos nas cortes. A resposta é: no. Por que? Pois porque nos lles fai falla. Non viven estresadas, e non necesitan máis sonido que o pío pío dos paxaros para entreterse. Ademais, que pode haber máis relaxante que rascarse contra unha das nosas moitísimas árbores?

 
Iso si, algunhas veces temos sorpresas para elas, como este concerto tan especial para celebrar o día da música. Un momento máxico!

 

A metade do leite pero o dobre de felices

Respetamos os ciclos naturais e os períodos de secado (cando as vacas non dan leite) das nosas vacas, por iso durante longas tempadas temos grupos de vacas que viven permanentemente fóra nos prados desfrutando da natureza as 24h do día. Cando están alí fóra teñen todo un séquito de gardaespaldas velando pola súa seguridade: sete valentes mastíns e dúas atentas burras. Se queres saber máis sobre estes simpáticos vixiantes, visita a nosa sección: Que ven o lobo!

Ademais non potenciamos artificialmente a produción de leite con potenciadores de comida nin con hormonas, por todo iso, as nosas vacas dan unha media de 20 litros por día, a metade que unha vaca convencional. Iso sí, as nosas vacas son mooooito máis felices. E todo o mundo sabe que canto máis felices sexan as vacas, mellor será o leite!
 


A comeeeeeeeeer

 
Vacas muUuy felices











 
 







 
 






 
 
A calidade do leite depende en gran medida do que coma unha vaca.
Os 70 quilos (si, si  70kg!!) de comida que comen as nosas vacas todo o día, proveñen da agricultura ecolóxica, é dicir non foi tratada, nin con pesticidas, nin con herbicidas ou calquer outro produto químico. A fertilidade dos solos conséguese nutríndose únicamente co propio compostaxe producido pola granxa.

As nosas vacas aliméntanse sobre todo da herba fresquiña que comen todos os días nos prados. As vacas lactantes (é dicir, as que dan leite) reciben ademais xusto despois de pasar pola sala de muxido unha ración extra de comida rica en proteínas. A maior parte desta comida producímola tamén en Casa Grande de Xanceda. Así, podemos controlar a forma de cultivar estos alimentos.

 
Todos os anos cultivamos unhas 40 hectáreas de millo ecolóxico, que despois ensilamos para poder usalos durante todo o ano.
 

Flores no canto de paus

Na entrada da nosa sala de muxido verás que sempre hai un ramo de flores silvestres. Estas flores recóllenas Susana e Amparo cando van a buscar as vacas ós prados.

Con estas flores guían ás nosas vacas ata os cortellos. Porque en Xanceda en vez de paus usamos flores. Este é un simpático exemplo de como todos os nosos aventureiros comparten a paixón polas vacas felices.

 

Vacas WIFI

As nosas vacas levan unha pulsera na súa pata que vía wifi se conecta ós ordenadores da sala de muxido. Este microchip serve para controlar cantos litros dá cada vaca pero tamén leva incorporado un contapasos.

Con este aparatiño podemos controlar o estado de saúde das nosas vacas. Se unha vaca, por exemplo, andivo menos do normal pode significar que está enferma ou coxa, polo contrario se deu demasiados pasos quizais foi vítima dun ataque de lobos.

Normalmente estes avisos soen quedar en sustos, pero toda esta información é moi útil e axúdanos a mellorar o estilo de vida das nosas vacas.
 

 Por todo isto... as nosas vacas viven o dobre de anos!



 

 

-- Vacas moOoi felices en fotos --