Cortellos e mini cortellos

Casa Grande Xanceda
Casa Grande Xanceda

Los establos

Se ves a Xanceda seguramente atoparás os cortellos baleiros. E onde están as vacas? Pois onde deben estar, nos prados, pacendo! No inverno, cando fai moOooito frío, veñen aos cortellos para durmir e fano en espazosas camas de palla, onde se tdeitan todas xuntas e danse calor. Sabías que as vacas son animais de costumes e déitanse sempre no mesmo sitio? Desta palla logo obtemos un abono magnífico natural e ecolóxico: o esterco.
 

Mini cortellos

No mini cortello están os nosos becerriños, os bebés da granxa. En casa Grande de Xanceda non compramos vacas doutras granxas, todas naceron aquí!. Así, podemos coidar a súa alimentación e consentilas como se merecen dende pequeniñas. E encántalles recibir visitas que lle dean o biberón!

-- Os aventureiros en Cortellos e mini cortellos --

Becerriños

Becerriños

Bebés

Todas as vacas que dan leite naceron aquí.

Vaquiñas

Vaquiñas

300 vacas

Os nosos hobbies son pasear polos prados e comer herba fresca.

Eduardo

Eduardo

Granxeiro

Encántame bailar e o meu iogur favorito é o de Vainilla.

Jorge

Jorge

Granxeiro

Gústame a natureza e saír a bailar. O meu iogur favorito é o de Fresa

-- Cortellos e mini cortellos en fotos --

Casa Grande de Xanceda | Produtos ecolóxicos | Leite, Iogures, Queixos

 
Somos Casa Grande de Xanceda, unha granxa ecolóxica familiar de Galicia na que producimos unha gran variedad de produtos ecológicos, como iogures ecológicos para adultos, iogures ecológicos para nenos, queixo ecolóxico e outros produtos lácteos mMmoooi ricos e sen aditivos, engadidos... en definitiva, 0%arghs! 
Temos 200 hectáreas de prados e bosques nos que pasean e pacen as nosas 350 vacas felices. Pero as nosas non son unhas vacas calesqueira...
 ¡¡son vacas ecolóxicas!!