Do prado ao Iogur

Casa Grande Xanceda  

Nesta sección ensinarémosvos, con todo detalle, como facemos os iogures ecolóxicos en Casa Grande de Xanceda; mesturando adicación, un proceso moi coidado e estudiado, cun cariño que fai que as vaquiña da nosa granxa ecolóxica estén tan a gusto que nos saian unhos produtos ecolóxicos moOoi sabrosos.
 

Como se elaboran os iogures ecolóxicos de Casa Grande de Xanceda?



 

A receita dos nosos iogures ecolóxicos


1. O primero paso é muxir. Labor que realizan as mans expertas dos nosos compañeiros na sala de muxido.

2. Ese mesmo día baixamos o leite á nosa iogurtería que está a tan só 10m de distancia. En menos de 48h teremos os iogures nas tendas!

3. Cando o leite fresco chega á Iogurtería hixienizámola e estandarizámola para ter o nivel de graxa desexado. Por exemplo, se queremos facer un iogur desnatado só lle deixamos un 0,4% m.g.
 
4. Grazas a esta máquina os nosos iogures son moi cremosos. Polas tubaxes desta máquina hai unhas finas membranas que ultrafiltran o leite e desbotan a auga. De dous litros de leite sae só 1 litro de leite concentrada. Por iso, un vasiño de noso iogur leva o doble de leite (de verdade!). Tras ultrafiltrar pasteurizamos o leite para asegurar unha calidade perfecta.

5. Agora o leite, co seu % de graxa adecuado, ultrafiltrado e pasteurizado, pasa a unhas grandes cubas onde se engaden os fermentos lácteos. Estas bacterias converten, tras 6 horas de fermentación, o leite en iogur. Unhas grandes aspas xiran no seu interior para que o noso iogur teña a cremosidade perfecta.

6. E agora engadimos a froita , que tamén é 100% ecolóxica! e a envasar os iogures.

7. E xa só falta preparar os pedidos e envialos ás tendas!

Carmen fabricando yogur ecológico
 

-- Do prado ao Iogur en fotos --