Empregamos cookies propias e de terceiros para analizar as visitas á web e ensinarche publicidade relacionada coas túas preferencias en base a un perfil construído a partir dos teus hábitos de navegación.
Podes obter máis información e configurar as túas preferencias AQUI. MoOoitas gracias!
Kéfir é un leite fermentado orixinario da rexión do Cáucaso que se leva consumindo miles de anos. A propia palabra vén do turco “Kief”, significa “sentirse ben” ou “agradable sensación”.
Xa o di todo, non si?
A nosa é unha receita que xunta non un, nin dous, nin tres, senón 14 cultivos vivos diferentes moOoi bos para ti! e isto, faina única!
Grazas a todos eses cultivos, os nosos kéfires conteñen máis de 100 mil millóns de bacterias vivas (si, si, vivas!) que, ademais de ser nutritivas, fanche ben.
E, por suposto, é 100% Xanceda: san, ecolóxico, moOoi rico e suave ao padal (non pica!)
Contribúe ao benestar dixestivo
Tomados en cantidades adecuadas proporcionan un beneficio para a saúde
Pode facilitar unha mellor e máis rápida dixestión
Aporta ao teu organismo miles de millóns de bacterias vivas. Bacterias das moOoi boas, claro!
É mellor aceptado por persoas con intolerancia á lactosa
Faite sentir ben e non só fisicamente, senón tamén mentalmente! Sabías que o intestino é o noso segundo cerebro?