Escribe a ecovisitas@casagrandexanceda.com o chama ao teléfono 682 867 417
* É fundamental reservar e recoméndase facelo co tempo!
Aprende o que é a agricultura ecolóxica e vén ver como funciona a nosa granxa e como se elaboran os nosos iogures ecolóxicos. Para esta visita non fai falla ser un mínimo de persoas pero precisas facer a túa reserva a través desta web.
SÓ SE ADMITEN RESERVAS ONLINE
Duración: A visita guiada dura 2 horas aproximadamente incluindo a degustación de productos e tempo para gozar do noso ecoparque.
Entrada: 7 € / persoa. Entrada gratuita para menores de 2 anos.
Como é a visita?
A nosa visita estándar está pensada para realizar en familia, tanto adultos como pequenos. Durante a visita faremos un divertido percorrido guiado por toda a granxa:
Visita a sala de muxido: poderás ver a sala de muxido en funcionamiento, todo un espectáculo!, e coñecer moi de preto as nosas vacas, xa que despois irán pastar ós prados. Durante o mes de febreiro nas visitas das 14:45h e 14:50h así como nas visitas de marzo das 15:00h e 16:00h non poderemos ver o muxido en directo porque as nosas vacas aínda se atopan nos prados, pero practicaremos a muxidura na nosa "vaca interactiva" Rosalía, suÚuper prácticas de granxeiro!
Visita ás cortes das vacas e á Mini Corte (se hai nenos no grupo poderanlle dar o biberón ós becerros, esta é a actividade favorita das crianzas e dos becerriños, vaia, e dalgún adulto tamén!)
Explicaremos como funciona o noso Obradoiro de Iogur, onde se elaboran os nosos iogures ecolóxicos e visitaremos a Cava de Queixos, que rico!
Visita a Eco Horta e ó Eco Zoo. Os máis pequenos poderán dar de comer ós nosos gordiños ponis, cabras, ovellas, coellos e outros animais de granxa.
Coñecerás onde viven as abellas de Xanceda (tranquilo, farémolo desde unha distancia prudente!), e tamén poderedes descubrir o importantes que son estas abellas para o medio ambiente!
Visita a Casa Grande de Xanceda, unha casa do século XVIII onde degustaremos os produtos elaborados na granxa así como outros produtos ecolóxicos. MuUuliciosos!
Despois da visita, e se o noso querido tempo galego o permite, as crianzas poderán xogar no noso ecoparque, e pilotar pequenos tractores!
**Os cans da nosa granxa son moOoi territoriais polo que vos pedimos que deixedes os vosos peludos na casa e non os traiades á granxa! Grazas pola vosa comprensión!
As nosas vacas e demais peludos agárdanvos!