Granxas socias
Sostendo granxas familiares ecolóxicas e galegas
Dende inicios do 2000 o noso reto era conseguir ser unha granxa sustentable economicamente e sustentable medioambientalmente. Demos moitos pasos: certificámonos en ecolóxico, decidimos seguir unha esixente política de benestar animal e finalmente construímos a nosa propia fábrica para transformar o rico leite das nosas vacas en produtos de alta calidade.
Con este espírito fixámonos un reto: transformar o 100% do leite das nosas vacas para non depender dos indignos prezos que pagan as grandes industrias lácteas.
Levounos 12 anos pero en 2017 alcanzamos este reto! É o ano no que conseguimos transformar o 100% do leite que producen as nosas 300 vacas.
E así empeza un novo reto: estender a nosa filosofía de benestar animal e conciencia medio ambiental a máis granxas galegas. E facelo con responsabilidade: cun prezo xusto e digno para os gandeiros, que permita ás familias do rural vivir moOoi dignamente e así manter un rural cheo de vida!
Granxas da nosa confianza
Gandería Ecolóxica Casa Codesal
É unha granxa familiar e ecolóxica situada en Devesa (Friol, Lugo) onde coidan a 80 vacas felices, todas con nomes propios e que saen a pacer todos os días acompañadas de Perla, unha cadeliña pastora. Coñece máis sobre a súa granxa na súa web:
www.ganderiacasacodesal.com
Leite riquísimo e da mellor calidade
Casa Codesal foi premiada no 2017 co premio Exceleite con dous premios: 1er premio en categoría ecolóxico e 1er premio en categoría extensivo-mediano.
Os premios Exceleite outórganse aos mellores no ámbito hixiénico-sanitario do leite, convocado pola Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia en colaboración co Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite ( LIGAL).
Granxa Ecolóxica A Cortiña
É unha pequena granxa ecolóxica ubicada en Maceda (Melide, A Coruña). A súa paixón polo rural traspasou varias xeneracións e hoxe en día poden presumir de coidar a 45 vacas felices. Coñece máis sobre a súa granxa na súa web: www.granxacortiña.com
Gandería Ecolóxica Casa Do Xordo
É unha granxa ecolóxica familiar situada en Maroxo (Arzúa, A Coruña). Amantes do rural, l natureza e os animais, esta granxa leva desde 1926 coidando ás verdadeiras raíñas dos seus prados: as vacas. Coñece máis sobre a súa granxa na súa web: www.ganderiacasadoxordo.com
Gandería Ecolóxica Pear
É unha granxa familiar e ecolóxica situada en Bustelo (Arzúa, A Coruña). Rodeadas de plena natureza , aquí viven 60 vacas felices que saen a pastar todos os días herba fresca ecolóxica. Coñece máis sobre su granxa na súa web: www.ganderiapear.com
Granxa Ecolóxica Curiscada
Moi cerca do camiño de Santiago atópase esta granxa gandeira, ecolóxica e familiar situada en Burres (Arzúa, A Coruña). O seu amor pola terra e os animais onvirtiuse no seu modo de vida, e agora presumen de poder coidar de 50 vacas felices.Coñece máis sobre súa granxa na súa web: www.granxacuriscada.com