We love abellas

Casa Grande Xanceda  

As abellas están desaparecendo! 

Los pesticidas son una de las principales causas

 

As abellas son fundamentais para a supervivencia do planeta e a biodiversidade. Necesitan a túa axuda, crea un recuncho para elas!

 





Máis sobre as abellas en Xanceda...
Situada nun dos prados da nosa granxa, nunha colmea vixiada por unha cómica abella xigante, viven ó redor dunhas 40.000 abellas. Estes pequenos e traballadores animais, voan felices polas 200 hectáreas libres de pesticidas e insecticidas, coas que contamos en Xanceda. E viven con nós, non porque queiramos facer o noso propio mel (que seguro estaría riquísimo!) senón pola importancia que teñen as abellas para o noso medio ambiente.

Sabías que......?
As abellas son o único insecto que elabora un alimento que os humanos tamén podemos comer...

O truco está na polinización
A polinización é un intercambio de polen entre flores, necesario para que desa flor naza unha froita, teñamos sementes… As abellas voan de flor en flor buscando néctar para elaborar o mel, neste paseo transportan tamén polen, que as flores utilizan para reproducirse!

 As abellas son importantes porque 1/3 dos alimentos e un 90% das plantas silvestres dependen da polinización!
 
O pequeno gran mundo das abellas.
 As abellas organízanse dun xeito moOoi peculiar! Basicamente en 3 clases:
 

 
A raíña: só hai unha na colmea, e ten como única misión poñer ovos dos que nacerán abellas. Elas non comen mel, só Xalea Real!



Os abellóns: son os machos da colmea, e a súa misión é fecundar á raíña! Son totalmente inofensivos (non pican!).



As obreiras: son maioría na colmea! Fan todas as demais funcións! Limpar a colmea, construír as celdas onde gardarán o mel, e tamén son as que saen ó campo para recoller o néctar das flores…Con razón lle chaman obreiras, verdade?

-- We love abellas en fotos --