Stracciatella ecolóxico

Con leite fresco

Os nosos gregos están elaborados co leite das nosas vacas que saen a pacer todos os días do ano a pradeiras libres de pesticidas, herbicidas ou fertilizantes químicos.

O noso stracciatella é un grego delicioso para gozar sen remordementos... Só ten un 5,6% de materia graxa! A súa textura é cremosa e ten un toque avainillado. E, por suposto, con riquísimos anacos de chocolate stracciatella.  

Ademais é probiótico, porque aos fermentos do iogur súmanse bifidobacterias. Con este grego sentiraste moOoi ben.

Para a elaboración do noso iogur ecolóxico utilizamos moOoito leite, conseguindo unha cremosidade única, 100% natural, sen espesantes, nin leite en po, nin colorantes ou conservantes artificiais. Só leite fresco ecolóxico das nosas vacas, fermentos lácteos e todo o noso cariño.

Elaborado con leite 100% ecolóxico, muxido e transformado con cariño en Galicia, España.

 

Ingredientes - Que levo dentro:

Leite fermentado ecolóxico: leite pasteurizado das nosas vacas, fermentos lácteos, bífidobacterias.
Stracciatella ecolóxica preparada (20%): azucre de remolacha ecolóxico, anacos de chocolate ecolóxico, amidón ecolóxico, vainilla ecolóxica, algarroba ecolóxica, zume de limón ecolóxico.

E nada máis!

Consérvame frío entre 1º e 8º C.
Pack 2 x 125g

 
 

Apto para celiacos Apto para embarazadas
 Valor Nutricional por 100g

  • Valor Enerxético:
    121,8kcal/508,6Kj
  • Proteínas:
    3,5g
  • H. de Carbono:
    13,6g
  • Azucres:
    3,0g
  • Graxa:
    5,6g
    Saturadas:
    3,7g
  • Sal:
    0.07g
  • Calcio:
    136,0mg
  • Glute:
    Sen Glute