Cultiva Mazás


Cultiva Mazás

Educando para emprender no rural

Cultiva mazás é un proxecto que pretende fomentar o emprendemento no rural para combater o gran despoboamento que está a sufrir o rural en Galicia. En concreto Mesía foi o concello con menos nacementos da comarca de Ordes no 2014 (Metropolitano, 2014).

Voltar

Cultiva mazás é un proxecto que pretende fomentar o emprendemento no rural para combater o gran despoboamento que está a sufrir o rural en Galicia. En concreto, Mesía foi o concello con menos nacementos da comarca de Ordes no 2014  (Metropolitano, 2014), é unha proba da urxente axuda que necesita o rural para sobrevivir.

O CLUBE DE CULTIVA MAZÁS

Cremos que os emprendedores asentados no rural son a fórmula para combater o despoboamento que sofre Galicia, por iso estamos a desexar axudalos neste exitoso camiño.

Ou club de Cultiva Mazás quere acoller a todos aqueles pequenos emprendedores de proxectos no rural, ou vinculados co rural, para axudarlles no seu camiño de emprendemento, achegándolles formacións especializadas de alta calidade e de forma gratuíta.
 

CULTIVA MAZÁS (Edición 2016)

Neste proxecto os estudantes de 3º de ESO do colexio CPI de Xanceda, embarcáronse nunha aventura na que localizaron e desenvolveron ideas radicalmente orixinais e con futuro no rural!

Estiveron moOoi ben acompañados e asesorados por emprendores que decidiron apostar polo emprendemento no rural.

Contamos con Elena Ferro de Eferro e con Germán García de Cortes de Muar, que compartiron a súa experiencia de emprendemento cos participantes, tamén visitaron Pazo Vilane e Casa Grande de Xanceda, para coñecer estas experiencias en situ.

Ao longo de 3 meses os participantes realizaron proxectos en grupo asesorados por expertos emprendedores. Ao final desta experiencia cada grupo presentou os seus traballos, ante un xurado composto polos colaborades, que escolleron o proxecto gañador, o máis orixinal, completo e tamén viable!


Resumen Cultiva Mazás 2016

 

O esforzo ten a súa recompensa, por iso entregamos uns fantásticos premios!

- Premio ao mellor traballo: Estancia dunha semana en CAMPUS PROMETE de Madrid, un campus que axuda a desenvolver habilidades persoais e vocacionais, potenciando a creatividade e a innovación. Unha experiencia transformadora ideal para culminar o proxecto de "Cultiva Mazás".

 

- Premio especial ao esforzo e creatividade: porque o esforzo e a creativad tamén merece un premio especial, escollemos un taller de tecnoloxía e programación que ocupará as mañás de cinco días, onde os mozos poderán comprender o funcionamento das novas tecnoloxías, impárteo M8 factorial na Coruña

- Premio para todos os participantes: Excursión a un parque de aventuras, para pasalo en grande facendo canoa, tiro con arco...