Coñece a nosa kombuxa


Coñece a nosa kombuxa
30 xaneiro 2025

Unha kombucha feita en Galicia e 100% ecolóxica

Se nunca escoitaches falar de la Kombucha, estás no sitio correcto! Contamosche que é e por que deberías probar a nosa propia receita: a Kombuxa. Unha Kombucha galega e feita con moOoito cariño. 

Voltar

Coñece a nosa Kombuxa: unha kombucha galega e 100% ecolóxica

A nosa Kombuxa é una kombuxa ecolóxica feita en Galicia, fermentada de forma lenta (amodiño, como dicimos por aquí) e elaborada con moOoito cariño.
Ten unha burbulla moOoi fina, que a fai moOoi lixeira e refrescante. Din os amantes da kombucha que é perfecta para os meses de calor, pero nós, como bos galegos acostumados aos veráns pasados por auga, podemos afirmar e afirmamos que é perfecta para toOodo o ano.

Unha bebida moOoi antiga, que está de moda

Aínda que che sone a novo, a Kombucha é unha bebida milenaria feita con base de té verde e fermentada de xeito natural. “Kombucha” xusto significa iso “té de Kombu”. Ademáis, leva azucre de cana e Scoby, unha combinación de bacterias e levaduras que se dedica a fermentar o té verde, o azucre e as froitas.

Neste proceso o Scoby transforma o té verde nunha bebida con unha variada gama de vitaminas, enzimas e minerais. Ademáis, no proceso de fermentación desaparece casi todo o azucre, convertíndoa nunha alternativa más saudable e máis lixeira que los refrescos de toda a vida. 

E nós, como de fermentación sabemos un pouco, aventurámonos a elaborar a nosa propia receita de kombucha: a Kombuxa. Unha kombucha galega e, por suposto, ecolóxica! Elaborada ao máis puro Xanceda Style. Mira no video como a elaboramos!

Dúas receitas con acento galego

E, como unha soa receita nos sabía a pouco, a nosa Kombuxa está dispoñible en dúas variedades: Xan Lemon, a súa versión cítrica elaborada con laranxa, limón e mandarina, e  Maxical Berries, con froitos vermellos e hibisco. Próbaas e descobre a tua favorita!