13 novembro 2024
Sumamos esta nova referencia á nosa gama de queixos
Alto en proteínas, madurado e co sabor e a cor dourada inconfundible do leite en pastoreo
Voltar
En Casa Grande de Xanceda estamos emocionados porque, a familia de queixos ecolóxicos aumenta! E non de calquera maneira: cun queixo madurado en lonchas, ideal para os teus pratos favoritos, bocadillos ou... para comer só! Este queixo é o resultado dun montón de agarimo, un proceso de maduración coidado, e o leite fresco eco das nosas queridas vacas en pastoreo. E, así, súmase ás filas do Queixo Carmiña, o Queixo Peregrino e o Queixo Crema.
Un sabor que te transporta á granxa
Este queixo non é só un ingrediente; é un anaquiño dos nosos campos, onde as nosas vacas muUuy felices pastan ao aire libre. Grazas a esta vida libre e natural, o seu leite é especial, e con ela logramos un queixo cunha cor dourada que xa te fai imaxinar o seu delicioso sabor. Ademais,
é alto en proteínas, proteínas naturais do leite, claro!
Sabemos que ás veces cortar o queixo pode ser un desafío (ou unha excusa para os preguiceiros),
así que adiantámonos e presentámoscho en cómodas lonchas, cada un separado co seu papel para que non se peguen e sexan fáciles de usar. Listos para degustar!
Perfecto para os teus antollos (e para as túas receitas gourmet)
Tes ganas dun sándwich co sabor dun queixo auténtico? Ou de darlle un toque especial a unha pizza? Este queixo madurado en lonchas adáptase a todas as túas ideas na cociña: ten ese puntiño de sabor intenso que vai xenial en pratos sinxelos, pero tamén é o complemento perfecto nunha táboa de queixos ou en receitas máis creativas.
100% ecolóxico, como todo o que facemos
Como sempre en Casa Grande de Xanceda, este queixo en liscos é ecolóxico, sen químicos nin aditivos raros.
Gústanos pensar que, ao elixir os nosos produtos, estás a coidar a túa saúde, o planeta e apostando por un futuro mellor.
Así que xa sabes, dálle unha oportunidade ao noso novo queixo en lonchas! Estamos seguros de que te conquistará desde o primeiro bocado, e traerá á túa mesa o sabor e o amor que pomos en cada produto que sae de Casa Grande de Xanceda.