Cans que axudan a cans


Cans que axudan a cans
09 outubro 2024

#LametazosContraElAbandono

Os nosos peludos aproveitan a súa faceta de influencers para encargarche unha importante misión

Voltar

Varios peludos da nosa granxa como Malibú, Mazapán ou Avellana son adoptados. Por iso, cos seus compañeiros de patrulla teñen unha importante misión para ti: que lles botes unha pata para doar 4.000€ a protectoras. Lambetadas contra o abandono Durante as próximas semanas Malibú, Sil, Quin, Avellana e Mazapán serán os protagonistas dos nosos iogures e, desde aí, cóntanche que se fas unha foto do teu peludo dando unha lambetada aos nosos iogures, a sobes ás redes co hashtag #lambetadascontraoabandono e nos etiquetas (@xanceda), doaremos 1€ a protectoras.


¿OBXECTIVO? 4000 LAMBETADAS = 4000 EUROS

E os que mellor cho van contar son os protagonistas desta acción solidaria, ¡dentro vídeo!

 

O papel das protectoras

 

As protectoras xogan un papel fundamental na loita contra o abandono, por iso doaremos eses 4.000 euros ás protectoras Refuxio de Bando (Santiago) e Zooasis (Albacete), 2000€ a cada unha delas.

Protectoras como Bando e Zooasis sacan os peludos da súa situación de abandono, cúranos, aliméntanos, dálle cariño e, o máis importante, búscanlles casa e unha segunda oportunidade.


 

Unha granxa comprometida

Na Casa Grande de Xanceda temos tres compromisos fuUundamentais: o compromiso coa natureza, o compromiso co rural e o compromiso cos animais. Fixemos outras campañas para fomentar a adopción como Iogures pola Adopción e tamén a favor de protectoras como Canhelado.

Ademais, Malibú e Mazapán percorren os coles de toda Galicia ensinando aos nenos a tenza responsable de animais e a importancia da adopción fronte á compra.

Se aínda non tes claro como participar en Lambetadas contra o Abandono, fai clic aquí.