Como xa sabedes, Casa Grande de Xanceda e o IES de Curtis, puxeron en marcha unha iniciativa para seguir a vida dunha parella de lagarteiros en directo. O que non imaxinabamos era que íamos ser testemuñas da posta de 6 ovos!
Influencers de altura
Xa vedes que estes namorados están máis que acostumados á cámara, tanto é así que ata se fixeron
influencers!! Que sí, que sí. E foron os seus propios
piowers o que lles puxeron nomes:
Silva e Toxo, moOoi Xanceda style por certo.
E foi Silva a que tomou a iniciativa sorprendendo cun
get ready with me e uns truquiños
beauty.
Estamos seguros de que esta parella de influs van dar moOoito do que piar.
Familia numerosa
Eramos moitos os que estabamos pendentes dos ovos; que cando ían nacer, que a quen se ían semellar máis, que cal deles ía ser o máis fedello,...
Porque se hai algo que nos cautivou, sen dúbida, foi a posta dos 6 ovos e, por suposto, agardar ó nacemento. E... por fin! o día 12 de maio eclosionaron 5 ovos. Aaai, se Silva e Toxo souberan o emocionados que estabamos...
E 3 días despois eclosionou o sexto ovo que, por desgraza, debido ó retraso do nacemento non puido seguir adiante. Ademáis pasaron os días con moita choiva, moito frío e moito vento, algo que non favorece a caza dos lagarteiros... e foi por isto que outra das crías tampouco sobreviviu.
Esto pónnos un pouco tristes pero así e a natureza e así aprendemos dela.
Pero, sabedes de quen estamos a aprender moito tamén? Exacto, de Silva, unha súUuper nai! Ela non para; sae na procura de alimeno para os seus poliños e planific o menú semanal, protexeos do mal tempo e vixía que non se peleen moito entre eles, está sempre atenta dos prigos que poden achegarse ó niño... En fin, o que fai esta lagarteira é unha burrada!
Mira! Así crían ós seus poliños
Se che gusta toOdo isto que che estamos a contar, imaxínate poder velo en directo dende onde queiras... Pois podes facélo! Aquí che deixamos o link da canle do IES de Curtis, que te levará directamente á retransmisión en directo. Vaia burrada!
https://m.twitch.tv/iescurtis