O burro xa está en Whatsapp!


O burro xa está en Whatsapp!
02 maio 2023

Pero esto non acaba aquí! Temos unha petición curiosa para a Real Academia Española

Despois de 6 anos pedíndoo, Whastsapp por fin nos escoitou. Os nosos burros xa teñen o seu propio emoji! Descubre como o celebramos, e non só iso, atento tamén á petición que lle facemos a RAE. 

Voltar



Hai anos lanzamos unha petición desde os nosos prados: que o burro tamén tivese unha icona no Whatsapp. Máis de 3.000 personas se uniron á casusa e firmaron a nosa petición en change.org, pero non foi suficiente para conseguilo.

Tivemos que agardar nada máis e nada menos que 6 anos (unha burrada de tempo) para conseeguilo. Pero por fin podemos celebrar que Junior e Valentina teñen o seu propio emoji por todo o alto, ou mellor dito, por  toooodo o prado. Mira o no vido como recibiron a noticia os nosos colegas orelludos! 

 

Uns protas moOoi especiais

Parece que aínda foi onte cando lanzamos a nosa campaña "Vaia Burrada"  alápor 2017 pedindo un emoji para os nosos burros. Por Junior y Valentina non pasou o tempo, pero poor quen si pasou é por Sara, Antia, y Iago, tres dos protas de nosa campaña, que non dubidaron en dicir que si cando lles propuxemos recrear a campaña. 

Pero isto non acaba aquí...

Agora que xa teñen o seu emoji, Junior e Valentina van un paso máis alá e queren que o usemos con cabeciña e de forma moOoi positiva. Estate atento porque os nosos burros, que son moOoi listos, están tramando algo para conseguilo!