Este Día da Muller abrimos as portas da nosa granxa a máis de 200 muUulleres
Uníronse para facer unha suÚuper homenaxe á igualdade desde Casa Grande de Xanceda
Este 8 de marzo, desde Casa Grande de Xanceda, fixemos un chamemento ás nosas Xancedadictas. Abrimos as portas da granxa a nais, avoas, amigas, tías, sobriñas, fillas... para facer unha importante homenaxe.
Máis de 200 mulleres chegaron desde o rural e a cidade e uníronse para, entre todas, formar un símbolo da muller xigante e lanzar unha poderosa mensaxe: ¡VIVA A IGUALDADE! Todas elas ataviáronse cun pano violeta que as nosas vacas deseñaron para a ocasión, que dicía: "Mulleres do rural e da cidade unidas pola igualdade".
Por suposto, ademais da gravación do súper símbolo da muUuller, aproveitamos para facer unha visita á nosa granxa e degustar muUuliciosos produtos! As nosas vacas mándanlles un millón de vacabicos a todas as que viñeron compartir esta preciosa xornada con nós.
Ademais, tamén quixemos agradecer ás ecotendas que nos apoian que leven taaantos anos cultivando valores como a igualdade con nós. Por iso lles enviamos unha tarxeta cunha bomba-semente violeta.