Gañadores do VI Premio Spinoff PuntoGal


Gañadores do VI Premio Spinoff PuntoGal
15 novembro 2022

Outro selo para a colección

Casa Grande de Xanceda foi galardoada co VI Premio Spin-Off PuntoGal na categoría Selo de Calidade.

Voltar

Somos a leite! Despois de celebrar os 2 anos da nosa tenda online, hoxe celebramos que somos os gañadores da VI Edición dos Premios Spin-Off PuntoGal na categoría Selo de Calidade. Este premio outorgáselle as empresas galegas que teñen consolidada unha traxectoria de prestixio en canto a innovación, valores e compromiso. Todo un orgullo!
 
Ao acto de entrega de premios, celebrado na Universidade de Vigo, asistiron Nuria Garaboa y Carmen Valiño, as nosas responsables de calidade e produción, respectivamente. Aproveitaron o seu discurso para falar da importancia do rural, de crear valor engadido e da agricultura ecolóxica como aliada da biodiversidade.

Otro selo para a colección

Casa Grande de Xanceda recibiu o premio na categoría pola súa larga traxectoria no rural galego, máis de medio século... Pero, ademais, valoraron enormemente o noso compromiso co medio ambiente, o coidado dos animais, a participación en diversas causas sociais e a importancia de visibilidade o papel da muller no rural. Tamén, destacaron a calidade dos nosos produtos que contan co Selo Ecolóxico. 

62% mulleres

Na granxa somos un 62% de mulleres. Temos equipos 100% formados por mulleres como o de Marketing ou Ecovisitas. Ademais, moitas delas, como Nuria e Carmen, ocupan postos de responsabilidade nos seus departamentos.


Compromiso polo rural

Contamos con diversas iniciativas para axudar á loita contra a despoblación rural. Dá o paso, que fomenta o emprendemento da xuventude no rural e Celebrao con Leite que premia a aquelas persoas que deciden formar aquí a súa familia, son algunhas delas. 

Aliados da biodiversidade

Tódolos nosos produtos levan o selo europeo que certifica que somos unha granxa ecolóxica. E que significa isto? Pois que cada unha das nosas vacas ten un campo de fútbol para ela soa, que tódolos nosos prados e toda a alimentación que comen é cultivada sen o uso de pesticidas e herbicidas e que as nosas vacas non viven estabuladas e saen a pacer todos os días.
 
E é que o pastoreo e a produción ecolóxica son suÚuper aliados da biodiversidade. Temos 200 hectáreas de prados, zonas húmidas e bosques libres de pesticidas e herbicidas onde as nosas vacas conviven con toOodo un ecosistema: as abellas axudan a polinizar os nosos prados, os paxaros controlan as pragas de forma natural, os nosos cultivos alimentan ao noso ganado e tamén a outros bichiños.