Con esta campaña queremos doar 1000€ á Asociación Española contra o Cancro
Este ano, como novidade, doaremos tambén 1€ por cada pedido que saia da nosa tenda online ata o 31 de outubro.
Non, en Casa Grande de Xanceda non temos medo nin aos peitos nin ás cicatrices. Por eso este ano, polo Día Mundial contra o Cancro de Mama queremos visibilizar a importancia da prevención e a cicatriz como algo totalmemente normal, que non hay que agochar.
E fixémolo como sempre: ao estilo granxeiro. Usamos dous rulos de herba seca e a arte da muralista Nana. Nun deles pintou un peito e noutro unha cicatriz que se aprecian a vista de paxaro (e de dron).
O vídeo da acción está nas nosas redes sociais, e por cada vez que sexa comprtido estaremos doando 1€ á Asociación Española contra o Cancro de Ordes. Puxémonos un obexectivo de 1000 compartidos. ¿Axúdasnos a conseguilo?
Este ano, ademáis da campaña en redes, por cada pedido que saia da tenda online ata o 30 de outubro, doaremos 1€ á Asociación Española contra o Cancro para seguir avanzando en materia de investigación e prevención.
Esta é unha campaña de responsabilidade social corporativa da nosa granxa. Destinamos cada ano parte dos nosos beneficios a este tipo de accións.