Lugo xa ten o seu Paso de Vaca!


Lugo xa ten o seu Paso de Vaca!
10 outubro 2022

Lugo é o municipio urbano con máis vacas de Galicia, case 9000!

O San Froilán é a festa máis importante de Lugo, e teñen un desfile de vacas! Nós no podiamos faltar e, en colaboración co Concello puxemos o nosos icónico Paso de Vaca baixo o lema Lugo, terra de vacas!

Voltar

Os peóns que cruzan a Avenida Ramón Ferreiro, en Lugo, xa o fan pisando un paso que non ten raias de cebra senón manchas de vaca.
 
Lugo é a terceira cidade do mundo cun Paso de Vaca para peóns. Paso de Vaca é unha iniciativa que pretende visibilizar a importancia do rural e que consiste en instalar pasos de vaca en vez de pasos de cebra. En Galicia hai case un millón de vacas e case ningunha cebra! 
 
Na inauguración estiveron o tenente de alcalde, Rubén Arroxo, a concelleira de Cultura, Maite Ferreiro e os nosos compis Guillermo y Sara. 

Todo ao máis puro estilo granxeiro

Para celebrar este novo Paso de Vaca, instalamos un stand con degustacións de produto, un circuito de minitractores, muxido de vaca, actividades para toda a familia a agasallos. Vaia festón! E é que o Paso de Vaca, meréceo!

Lugo tiña que ter Paso de Vaca

As vacas forman parte da idiosincrasia galega. Somos tres millóns de galegos e case un millón de vacas!. Nun lugar como Galicia, sobran os motivos para esta homenaxe ás vacas e, en Lugo, moito máis! E nada mellor que facelo o día do Desfile do Gando de San Froilán! 

Antes que o Paso de Vaca, en xuño, iluminamos con manchas de vaca a muUuralla de Lugo con motivo do Día do Leite recórdalo?
 
Lugo é a provincia de Galicia con maior número de vacas, 263.021, case a metade das vacas de toda Galicia. Pero non só iso: o concello urbano de Galicia con maior número de vacas tamén é Lugo: 9631. 

Ademais, na provincia de Lugo o sector leiteiro mantén moitas aldeas poboadas, no medio do grave proceso de despoboamento do rural galego. Por outra parte, Lugo concentra 63 granxas de leite en ecolóxico que benefician á biodiversidade.
 
Total, que aquí vai o noso oitavo paso de vaca, o terceiro nunha cidade! Podes visitar os demais en Santiago, Ferrol, Mazaricos, Santa Comba, A Baña, Mesía e Arzúa.