Un Paso de Vaca e unha menina rural en Canido


Un Paso de Vaca e unha menina rural en Canido
05 setembro 2022

Volvémolo facer! Un novo paso de vaca en Ferrol acompañando ás meninas

Velázquez estaría orgulloso: démoslle unha volta a un dos seus cadros máis famosos e, despois de moito debater no Consello de Vacas, ¡voilá! temos esta obra de arte que podes disfrutar cada vez que pases por Ferrol

Voltar

Un novo Paso de Vaca para cruzar en Ferrol!

Presentámosvos nada máis e nada menos que o noso novo Paso de Vaca. Esta vez o sitio escollido foi Ferrol, concretamente no barrio de Canido. Un marabilloso sitio cheo de meninas.



Todos os anos, a principios de setembro, celébrase o Festival das Meninas de Canido. Este festival xunta a montóns de artistas para que plasmen a súa arte nas paredes do barrio, facendo versións das Meninas de Velazquez.

Este ano decidimos apuntarnos ao festival con dúas tremendas obras de arte: ¡Un novo Paso de Vaca e un mural das meninas ao estilo de Casa Grande de Xanceda! E, para celebralo, levamos un stand con moOoitas actividades, degustacións e agasallos.

O mural debuxouno a artista ordense Nana. E, por suposto, a Infanta Margarita tiña que levar print de vaca e Malibú ser a protagonista desta bruUutal obra de arte. 


E estaraste preguntanto: canto tempo levou pintar esa fachada? Pois nin máis nin menos que 4 días, de xoves a domingo. ¿Queres ver o vídeo do proceso? Pois fai click aquí!

E por supuesto, fixémolo de novo! Seguimos no noso empeño de que os pasos de vaca cheguen a todas as cidades e vilas galegas. Non é que teñamos nada en contra das cebras, pero en Galicia hai case un millón de vacas e moi poucas cebras. E festexámolo por todo o alto, mira o ambientazo do noso stand. 


Motivos para o Paso de Vaca de Canido

Canido é o exemplo de como convertir unha zona presa da despoboación nun barrio de referencia na cidade de Ferrol a través da arte e, por iso, o Paso de Vaca, non podía faltar nas súas rúas. 

O Paso de Vaca quere ser un símbolo das cidades e vilas galegas como homenaxe ao sector agrogandeiro e ás vacas e tamén para reivindicar o consumo de produtos lácteos locais a un prezo xusto, para manter un rural vivo. Nun lugar como Galicia, sobran os motivos para esta homenaxe ás vacas. É o territorio que máis leite produce en todo o Estado e o décimo no ranking europeo. Ademais, as vacas forman parte da nosa idiosincrasia, somos case tres millóns de galegos e case un millón de vacas.


Outros Pasos de Vaca

En Galicia hai outros seis pasos de vaca. Sitúanse en Santiago, Arzúa, Mazaricos, Santa Comba, A Baña e Mesía. O primeiro paso estivo instalado, de xeito temporal, en A Coruña.