Xanceda Market: Aforo Completo


Xanceda Market: Aforo Completo
22 marzo 2022

Por motivos de seguridade, é preciso ter reservado para asistir

Estamos marabillados polo voso apoio, estudaremos repetir o Xanceda Market a vindeira fin de semana

Voltar

MoOoitísimas grazas polo voso apoio, sodes do melloriño! O aforo para o Xanceda Market desta fin de semana está completo. Ante a boa acollida estudaremos repetilo a vindeira fin de semana. Se queres que te avisemos no correo electrónico desta posible repetición podes subscribirte a Xancedadictos. OLLO: isto non é unha inscrición para o Xanceda Market.  


Esta fin de semana agardámoste en Casa Grande de Xanceda! Abrimos un pop up market sábado 26 e domingo 27 de 10.00h a 14.00h. Unicamente, por motivos de seguridade e organización, pedímosche:


 que te rexistres neste formulario,

 
levarache 10 segundos!

MoOoitos chamádesnos preguntando cando imos poder volver abastecer con normalidade os supermercados. Non o sabemos, xa que non sabemos canto vai a durar o paro do transporte.

Ven sábado e domingo á ecotenda da nosa granxa: con acceso a unha parte da granxa con sala de muxido, zonas de diversión para os cativos e a presenza de animais como un burro, becerriños ou a cadeliña Malibú, guaaaauuuuu! 



Poderás comprar bandexas de 6 packs dos teus iogures preferidos e con desconto! Ven facer a túa compra de lácteos ao máis puro estilo granxeiro!. 

Insostible tirar comida

O Xanceda Market é como unha pop up store: só estará aberto esta fin de semana para todos e con produtos con desconto. Debido ao paro do transporte, levamos máis dunha semana sen poder distribuír os nosos iogures con normalidade e non queremos que se perdan. Por iso creamos este market para que veñas pasalo piiipaaa e podas levar os iogures directamente da granxa á túa neveira.

¡Nós e as nosas 300 vacas agardámoste!

Política de 0 desperdicio de alimentos

Por suposto, se quedan iogures non se perderán porque os doaremos. A nosa é unha política de 0 desperdicio de alimentos, aquí non caduca nin un iogur! O ano pasado doamos 27.000€ de produtos. Ademais, temos programas de RSC locais de doazón de produtos para familias que o precisan en Mesía e para celebrar os nacementos rurais no noso concello!.