Desde Casa Grande de Xanceda camiñamos cara a igualdade con moOoito ritmo
Calzamos unhas botas lilas para reivindicar, desde o rural, os nosos pasos pola igualdade
Este 8 de marzo, desde Casa Grande de Xanceda queremos visibilizar que as mulleres do rural pisamos forte. ¡Pero non pisamos de calquera xeito! ¡Facémolo cuns suÚuper pasos de baile!.
Mulleres de todos os departamentos da granxa, ao máis puro estilo granxeiro, calzamos unhas botas de goma (por suposto, fabricadas no Estado), que é o que se usa hoxe en día nas granxas e que, ademais, son lilas para reivindicar os nosos pasos pola igualdade. Pero estes pasos levan dándose moOoito tempo, ¡e antes dábanos con zocos! Por iso, enviamos aos nosos clientes VIP e sorteamos para os nosos subscritores uns pequenos zocos lilas da zoqueira galega Elena Ferro, ¡así recordamos de onde vimos para saber a onde imos!