Así se elabora a manteiga ecolóxica de Casa Grande de Xanceda


Así se elabora a manteiga ecolóxica de Casa Grande de Xanceda
13 agosto 2019

Manteiga ecolóxica e artesanal

Así preparamos a manteiga ecolóxica: a man e con moOoito agarimo polos nosos expertos mantengueiros e co leite das nosas vacas que saen a pacer todos os días

Voltar

Non só elaboramos iogures ecolóxicos, entre todo o catálogo hai un produto especialmente valorado polos reposteiros e por todos aqueles que estrañan a aldea e os produtos auténticos: a nosa manteiga ecolóxica. Como se elabora? en seguida cho contamos.

Mantequilla ecológica de Casa Grande de Xanceda

Así se elabora a manteiga ecolóxica e artesanal máis rica.

1. Todo empeza nos prados, onde as nosas vacas moOoi felices  pasan a maior parte do seu tempo comendo herba verde fresca, rascándose nas árbores e deitadas á sombra. O pastoreo é clave no sabor da manteiga e no aspecto! A cor amarela que presenta a nosa manteiga débese ao pastoreo diario das nosas vacas e é proba dun alto contido en Omega 3.
 
2. Unha vez que  temos o leite retiramos a nata e pasteurizámola. Desta forma temos xa a materia prima prepada para a súa elaboración.
 
3.  Fermentamos a manteiga e queda en repouso 12 horas. A continuación batémola ata que conseguimos montar a manteiga.
 
4. Só queda darlle forma (cunha sinxela máquina tipo chouriceira - pódela ver no seguinte vídeo), cortala e envolvela en papel alimentario.  ToOodo este proceso realízase a man.




Así empaquetamos nuestra mantequilla ecológica artesanal

Como acabas de comprobar elaborar manteiga é un proceso artesán e lento, por iso as nosas producións son limitadas, pero excepcionalmente deliciosas!


Manteiga 100% ecolóxica e galega.

Coidamos de 200 hectáreas de prados e bosques autóctonos libres de pesticidas, herbicidas e fertilizantes químicos onde ademais fomentamos a presenza de gran biodiversidade con caixas niño e flora autóctona.

E todo isto facémolo en Galicia, na nosa granxa. Onde coidamos as nosas vacas e elaboramos esta deliciosa manteiga ecolóxica, nun modelo de produción 360..

Daniel es uno de nuestros expertos mantequilleros


Donde comprar manteiga ecológxca Casa Grande de Xanceda

Podes atopar a nosa manteiga ecolóxica en tendas ecolóxicas e especializadas. Debido á súa produción limitada non a distribuímos en grandes superficies ou supermercados.
Neste mapa podes atopar tendas ecolóxicas ou especializadas que normalmente nos realizan pedidos e onde podes atopar manteiga ecolóxica. Tamén a podes atopar en tendas online, nesta ligazón atoparás portais que levan os nosos produtos.



IMPORTANTE: Se neste momento nalgunha destas tendas non teñen manteiga ecolóxica de Casa Grande de Xanceda non dubides en encargala, estaremos encantados de enviala. Ás veces a subministración de manteiga pode ser interrupido debido á súa produción limitada, pero asegurámosche que facemos todo o posible para atender todas as demandas.