27 agosto 2018
Reivindicamos o rural transformando un paso de cebra nun paso de vacas no centro de A Coruña
Galicia é o territorio que máis leite produce de toda España e o décimo no ránking europeo, por iso as cidades galegas deberían ter pasos de vaca en lugar de pasos de cebra!
Voltar
Galicia, ¡somos o leite!
Reivindicamos o rural transformando un paso de cebra nun paso de vacas no centro de A Coruña ¡Ven a velo!
Galicia conta con case 3 millóns de habitantes e case 1 millón de vacas. Esta proporción pon de manifesto a importancia deste animal nesta comunidade. A vaca forma parte non só da paisaxe galega, senón tamén da cultura desta terra, como a choiva ou o polbo.
É un feito que o sector leiteiro en Galicia é fonte de emprego e desenvolvemento, contando con máis de 8.400 familias dedicadas profesionalmente de forma directa á explotación leiteira. Con todo, a poboación no rural diminuíu de maneira alarmante, e cada vez son máis as aldeas que quedan despoboadas debido ao envellecemento e á emigración dos mozos a zonas urbanas. Xa son 63 os concellos galegos que contan con máis vacas que habitantes censados.
E, con todo, Galicia é unha gran potencia leiteira situándose como o territorio que máis leite produce de toda España, e en décima posición no ránking europeo.
Galicia é unha gran potencia leiteira, situándose no primeiro lugar dentro de España e entre os 10 primeros dentro da Unión Europea.

Por iso cremos que existen razóns suficientes para homenaxear á vaca como icono galego e darlle a importancia que merece na cultura e sociedade galegas. Porque hai que celebrar que en Galicia somos o leite, ¡por obra e graza das vacas e de tódolos gandeiros galegos!
Galicia somos o leite, ¡por obra e graza das vacas e de tódolos gandeiros galegos!
Convertemos un paso de cebra nun paso de vacas
Para iso, o
29 de agosto realizarase en pleno centro da Coruña, no Obelisco, a inauguración do primeiro paso de vaca onde as manchas típicas da vaca frisoa substituirán ás raias típicas do paso de peóns, para reivindicar a figura da vaca como propia e autenticamente galega. Un evento, no que
desde as 10 da mañá ata as 18 horas, levará o rural ao corazón da cidade para que todos os peóns poidan achegarse á realidade do prado con vacas, muxir unha vaca e sobre todo compartir o orgullo leiteiro de Galicia. Porque en Galicia, somos o leite!