Novo kéfir ecolóxico de Xanceda


Novo kéfir ecolóxico de Xanceda
19 abril 2018

Natural e con froitos do bosque

Hoxe presentamos en sociedade os nosos dous novos productos. ¡Seguide lendo para coñecelos!

Voltar

Novo kéfir ecolóxico de Xanceda


Hoxe estamos de noraboa, e é que estreamos unha nova liña de kéfir ecolóxico, con dúas referencias. Un produto elaborado con leite ecolóxico das nosas vacas felices e 14 cultivos vivos que o converten nun produto único e mMmoi saudable. Se aínda non sabes que é un kéfir, ou porque é bo tomalo, debes seguir lendo! 

O noso lanzamento á producción ven cunha unha gran innovación no mercado: un kéfir que reúne 14 cultivos vivos no mesmo produto! Se xa nos coñeces, xa sabes como nos gusta facer as cousas: con mMmoita calidade, dunha maneira mMmoi saudable e con mMmoito agarimo.

Presentamos o noso kéfir ecolóxico


Que é o kéfir?


Aínda que seguro que vos soa, porque dun tempo para acó a palabra kéfir fíxose moi popular, é probable que non saibades exactamente de que se trata. Pero para que estamos nós?! Precisamente fixemos este artigo para achegarvos esta marabilla, ante cuxas bondades caeredes rendidos? xa veredes!
 

O kéfir é unha leite fermentada orixinaria da rexión do Cáucaso que se leva consumindo miles de anos, sendo considerado un dos produtos lácteos máis antigos que se coñecen. Atentos agora, porque o propio termo, que se considera provén do turco "kief", significa "sentirse ben", ou "agradable sensación". Xa o di todo, verdade?

 

 Seis beneficios do kefir... e algúns motivos máis para probalo

  • Mantén a flora equilibrada e en orde. Que non é pouco! Comemos con présas e, moitas veces, non coa variedade que deberiamos. E.. confesa! Algún precociñado sempre cae, a que sí? Asique achegar un reforzo nunca vén mal!
  • Ten propiedades antibióticas e antifúngicas. Así o afirma un estudo científico publicado pola Biblioteca Nacional de Medicamento de EEUU, no que se demostra que pode inhibir a proliferación de bacterias daniñas, como a salmonella e a E.Coli.
  • Fai que o sistema inmune sexa máis forte, fortalecéndoo de maneira xeral.
  • Axúdanos a facer unha mellor e máis rápida dixestión, e o organismo asimílaos mMmmoito mellor.
  • Sintetiza mellor as vitaminas presentes dos alimentos.
  • É mMoito mellor aceptado por persoas con intolerancia á lactosa. 

E como extra, dous motivos para para probar o noso!

  • Ecolóxico e de vacas felices. O noso kéfir ecolóxico non só conta coa garantía ecolóxica, senón tamén cun alto compromiso de benestar animal que, como xa sabes, caracteriza á nosa granxa ecolóxica e onde as vacas non son explotadas nin tensas e saen todos os días a pastar, grazas a todas estas esixencias no coidado animal chamamos ás nosas vacas "vacas mMmoi felices".
  • Está moi, pero que mMmoi bo. É un kéfir suave, extraordinariamente cremoso e rico. E se che gustan os froitos do bosque (arandos, mouras e framboesas ecolóxicas) entón morrerás por probalo!
 

Un kéfir mMmoi san, rico e mMmoi de Xanceda.

Estamos empeñados en que o que sexa san e ecolóxico tamén sexa mMmoiy rico! por iso este iogur kéfir, lonxe da acidez típica do clásico kéfir, é suave, e caracterízase pola sua gran cremosidade. Ademais, está elaborado unicamente con leite fresco ecolóxica das nosas vacas, que saen a pastar a diario (como non!), e nada, CERO leite en po, nin natas engadidas, nin tampouco conservantes ou colorantes. Ademais, é mMmoi cremoso cremoso. A que esperas para probar o kéfir natural (mMmoi natural) e o kéfir con froitas do bosque (que é bicapa, e recomendámosche que o removas antes!)?

14 cultivos vivos

A nosa proposta de kéfir ecolóxico é unha receita que reúne 14 cultivos vivos diferentes e que achegan importantes beneficios para a saúde, e isto faino único! Grazas a todos eses cultivos o noso produto conserva máis de 100.000 millóns de bacterias vivas beneficiosas para o organismo por vasiño, para que te fagas unha idea: 100 veces máis que un iogur!

Esta combinación de 14 cultivos vivos conta con fermentos das familias Bifidubacterium, Lactobacillus, Lactococcus e Streptococcus que son claves para unha óptima asimilación dos nutrientes entre outros beneficios que agora che contamos. 
 
Un packaging cun novo estilo

Aos que xa coñecen a marca, decataranse dun lixeiro cambio no deseño. O packaging da nova gama kéfir estrea tamén estilo, cun logo renovado e unha imaxe máis limpa que confiamos facilite recoñecelo como produto ecolóxico, e lelo con máis claridade no lineal do supermercado.

A nosa intención no deseño foi limpar e simplificar o estilo para conseguir un deseño que se lea máis facilmente, que manteña a esencia da nosa imaxe e estilo. Encantaríanos saber a vosa opinión, así que contádenos, Que vos parece o novo look?

O noso kéfir ecolóxico natural

O iogur kéfir ecolóxico de froitos do bosque

E aquí finalizamos esta presentación en sociedade. Esperamos que vos gustou, e aínda mais importante, que vos encanten cando os probedes!. E antes de finalizar, non podemos despedirnos sen lembrarvos que estes e outros produtos ecolóxicos de Casa Grande de Xanceda están a vos esperar. Que os gocedes!